
Información importante para a Xuntanza informativa de Actividade Extraescolar e Servizos de Conciliación e Asemblea de Familias Socias
Prezadas familias:
Como sabedes, o vindeiro luns 22 de xuño, ás 16:30, teremos na biblioteca do centro a Xuntanza informativa sobre Actividade Extraescolar e Servizos de Conciliación para o curso que vén. Ao remate, terá lugar, a partir das 17:30 en primeira convocatoria e 18:00 en segunda, a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA.
Co obxectivo de que todas as familias poidan chegar ás xuntanzas con toda a información necesaria, poñemos á vosa disposición a seguinte documentación:
Sobre o cadro exposto, podedes facer unha lectura dos programas educativos nas seguintes ligazóns:
As inscricións para as actividades que comezan o 1 de outubro poderán realizarse do 1 de xullo ao 13 de setembro, ata completar prazas, a través das seguintes ligazóns:
Máis adiante, toda a información, programas educativos e cadro de actividades, así como as ligazóns de inscrición, estarán tamén accesibles na seguinte sección da web:
Como tamén informamos, para o vindeiro curso iniciará a xestión do servizo de comedor, madrugadores e cambiadores a empresa Jardanay. Nas seguintes ligazóns tedes a seguinte documentación, e calquera dúbida poderedes tamén trasladala na xuntanza:
Por último, agrupamos a documentación que podedes ler para a Xuntanza Xeral Ordinaria de Familias Socias da ANPA, que tamén tedes nas seccións correspondentes da nosa web:
E tamén información de especial relevancia:
Agardamos que esta nova vos resulte realmente útil para acceder de maneira sinxela a toda a documentación de cara ao luns. Preparámola pensando en todas as familias, para que poidades chegar á xuntanza con toda a información clara e á man. Animámosvos a botarlle unha ollada con calma e a participar activamente.
