O Inglés dos maiores de Primaria "nivel PRO"

20.12.2023

En Inglés de 4º a 6º de Primaria aplicamos o idioma ao deporte con xogos moito máis dinámicos como o tenis, o fútbol ou o baloncesto, combinándoos con preguntas de cultura xeral en inglés. Tamén puxemos en práctica os nosos coñecementos con xogos como o balón prisioneiro ou o pano.

Descubrimos a festividade de Thanksgiving, a súa historia e o seu vocabulario principal. Tamén afondamos no mundo dos alimentos, creando menús de restaurantes.

Rematamos este primeiro trimestre adicando tempo a xogos en liña interactivos para reforzar os coñecementos que os rapaces e rapazas están aprendendo.