Inicios do Ludiverso de Primaria en outubro

30.10.2023

Os grupos de Ludiverso de 1º a 3º e de 4º a 6º de primaria colaboramos e xuntámonos para facer unha actividade baseada no xogo "el virus" e aproveitamos algún día de choiva para fabricar as cartas que usaremos. 

Tamén fixemos xogos con globos a modo de relevos coa finalidade do traballo en equipo.

Continuamos con xogos de lóxica e pensamento na biblioteca, co pictionary e algúns retos de mover culleres ou palillos segundo unha condición do xogo.

E para rematar este primeiro mes intenso, seguimos con máis xogos ao aire libre, tamén de equipo, os días que a meteoroloxía nolo permitiu.