Inscrición actividades extraescolares e campaña de natación

12.09.2022

Prezadas familias:

Tal e como vos viñamos informando, dende hoxe 12 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares que comezan o día 3 de outubro. Debedes facelo cubrindo o formulario que atoparedes na seguinte ligazón:

O prazo de inscrición estará aberto dende o 12 ao 18 de setembro (ambos incluídos).

A inscrición da actividade de Sonicreques pode facerse directamente desde a súa páxina web, onde poderedes descargar o formulario para este curso:

Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre a programación das actividades:

Lembrarvos que este martes 13 de setembro de 16:30 a 18:00 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares, na que contaremos coa presenza dos técnicos responsables e aclararemos calquera dúbida que teñades. Para que poidades acudir e conciliar, contaremos cun servizo de educadores e animadoras que estarán dinamizando e acompañando aos nenos e nenas.

Podedes seguir achegando novas propostas dende o formulario de preinscrición. Se se alcanza o mínimo de solicitudes, poderán terse en conta para a formación de novos grupos:


Aproveitamos para lembrar que tamén está aberta inscrición na campaña de natación escolar para este curso. Como sempre, vai dirixida exclusivamente aos grupos de 3º e 4º curso de Educación Primaria e o número de prazas ofertadas é de 15. Levarase a cabo na piscina de San Diego os martes de 16:45 a 17:30 horas. O custo por alumno é de 53,47€.

O prazo de inscrición estará aberto do 12 ao 23 de setembro, debe facerse nas oficinas do C.D.M. de San Diego e é preciso levar unha copia do DNI do pai ou nai e unha copia do DNI do neno ou nena ou do libro de familia en caso de non dispoñer do DNI.

Toda a información na seguinte ligazón:


Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2022-2023:

Moitas grazas.