Licitación Obras Patio

15.04.2024

Prezadas familias,

Queremos comezar a semana compartindo con toda a comunidade educativa a grande nova da saída a licitación das obras de transformación do patio do noso colexio.

O traballo e a implicación de todas as familias dan os seus froitos, despois de moitos meses de planificación e colaboración. Temos o convencemento de que este proxecto será un primeiro paso moi importante na mellora das instalacións e o benestar das nosas fillas e fillos.

As novas sobre este emocionante proxecto foron destacadas en varios medios de comunicación locais, que vos invitamos a ler:

Na seguinte ligazón tedes toda a documentación do anuncio da licitación:

Grazas pola vosa implicación.