Ludiverso Infantil 2024-25: Segundo Trimestre

01.04.2025

Ola, queridos Terrícolas!

No Ludiverso infantil volveunos visitar Sully, que nos contou que volveu ao seu planeta por fin despois de ir ao planeta Ceres ao aniversario do seu curmán E.T.

Comentounos que o seu próximo viaxe quere facelo ao noso planeta, a Terra!

Pero, como non a coñece ben, pediunos que viaxemos por diferentes países e así coñecer o seu idioma, cultura e monumentos, para poder contarllo a el e que estea listo e informado para cando veña.

Para iso, fixemos as nosas propias maletas de viaxe, un pasaporte co noso nome e foto, e embarcámonos nunha longa viaxe para aprender unha chea de cousas!

O primeiro país que coñecemos foi Francia, e agora xa coñecemos a súa bandeira, aprendemos unha canción en francés para saudar, descubrimos datos curiosos sobre a Torre Eiffel e construímos a nosa propia, visitamos a catedral de Notre Dame, e ademais fixemos moitos xogos: circuítos, xogos de pilla, puntería, agocho e ata xogos rítmicos!

Estamos desexando ver que máis países nos esperan. Apúntaste? Imos alá!