Mensaxe de Lupita: #obxectivomediaducia

25.11.2022

Prezadas familias,

Xa estamos na recta final para acadar o noso patio, pero precisamos que estes 6 días academos máis votos, xa que temos que ser a proposta máis votada do distrito 7. 

Soubemos que ata Lupita mandou unha mensaxe moi importante que neste intre están escoitando as nosas nenas e nenos no cole. Deixámosvos aquí o vídeo para que poidades velo de novo en familia:

Que vos parece a iniciativa de Lupita? A nós parécenos unha idea estupenda e sumámonos desde xa ao #obxectivomediaducia. Que grande idea! Se cada familia consegue 6 votos, temos case garantido gañar coa proposta do noso patio! 

O luns, as nenas e nenos que consigan o #obxectivomediaducia poden colgar no noso tendal algo verde: un globo, un lazo, unha figura con goma eva, ... Poden decoralo co seu nome, cunha sinatura, cun dibuxo, ... Temos que conseguir unha morea de medias ducias de votos!

Hoxe venres 25 de novembro, imos gravar un pequeno vídeo no patio do cole, ás 17:00 horas para que vaiamos a por todas co noso #obxectivomediaducia. Animádevos a vir e participar! Isto non hai quen o pare!


Lembrade como votar:

A través da web https://bit.ly/votacionfinal ou de maneira física nas urnas postas a disposición da cidadanía:

#barrioverde #votapatiodoramon #obxectivomediaducia