MANIFESTACIÓN 29/9/2021

27.09.2021

Benqueridas familias,

Estamos seguros de que a día de hoxe todalas familias coñecedes a difícil situación que estamos a vivir no noso colexio ca falta de profesorado, situación que por desgraza ainda non ten solución por parte das autoridades educativas da Xunta de Galicia.

Queremos agradecer ao equipo directivo do colexio a implicación que esta a amosar, por suposto, tamen a todo o claustro de mestres polo seu esforzo diario, e aos país e nais que cada mañan fan visible a nosa situación retrasando a entrada no colexio dos seus nenos e nenas.

Tendo en conta a falta de solucións e a urxencia das mesmas non temos mais remedio que dar un paso mais na defensa dos nosos intereses, e da educación pública, esixindo que non se fagan máis recortes.

PARA ELO, CONVOCÁMOSVOS A UNHA MANIFESTACIÓN DENDE O PORTALÓN DO COLEXIO ATA DIANTE DA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CONSELLERIA DE EDUCACIÓN, (EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE MONELOS SITO NA RUA VICENTE FERRER Nº 2) O VINDEIRO MERCORES 29 DE SEPTEMBRO COMENZANDO ÁS 08:45 h E ACABANDO ÁS 9:30, PROVOCANDO O CORTE DO TRÁFICO NAS RÚAS PRINCIPAIS O LONGO DO PERCORRIDO, (AVENIDA SALVADOR DE MADARIAGA E RÚA JOSE MIÑONES FERNÁNDEZ ENTRE OUTRAS).

ESPERAMOS QUE ESTE HORARIO PERMITA PARTICIPAR A TODAS AS FAMILIAS QUE QUEIRAN E EVITE POSIBLES PROBLEMAS COS HORARIOS DE TRABALLO.

UNHA VEZ CHEGUEMOS DIANTE DA PORTA DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE MONELOS QUEDAREMOS UNS MINUTOS FACENDO TODO O BARULLO POSIBLE E, DESPOIS, CADA FAMILIA DECIDIRÁ O MOMENTO DE REGRESAR O COLEXIO EN FUNCION DAS SUAS NECESIDADES LABORAIS E PERSONAIS.

Reiteramos que é hora de plantar cara e demostrarlle ós nososfillos que todos unidos somos quen de mellorar  o seu futuro e non nos deixaremos avasallar.

Esta situación poderíase dar en cualqueira aula, e por suposto a día de hoxe afecta a todo o colexio en xeral, por iso temos que estar todos a unha cunha mesma voz. Non podedes faltar.

Invitámosvos novamente a que cada familia prepare unha pancarta sinxela ca frase que se vos ocurra, coa fin de amosalas na concentración, facendo máis visual a nosa protesta, e levar elementos que fagan ruido para chamar a atención o máis posible durante a manifestación.

Por último, queremos lembrar a importancia de que os participantes cumpramos as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias vixentes. Deberemos en todo momento obedecer ás indicacións das Forzas e Corpos de Seguridade.  Así mesmo, non se poderan empregar  ningún tipo de artificio pirotécnico de ningunha categoría en toda a duración da concentración.

SEN MESTRES NO RAMÓN NON HAI EDUCACIÓN ¡¡¡¡
NON A DISCRIMINACIÓN DO RAMÓN ¡¡¡¡
OS NOSOS NENOS E NENAS NON SON MENOS ¡¡¡¡
NON OS RECORTES EN EDUCACIÓN ¡¡¡¡

ANPA RASA