Unha mensaxe de Lupita

02.11.2022

Ola familias,

neste mesmo intre, as nosas fillas e fillos están escoitando unha importante mensaxe de Lupita, unha fada amiga de Cascarilla. Namorada das obras e gustosa de transformar os espazos.

Coas nosas nenas e nenos como protagonistas arrancamos o encontro que teremos mañá xoves día 3, de 17:00 a 19:00, na Sala de Exposicións na Igrexa Parroquial Resurrección do Señor do Barrio das Flores, na rúa Petunias 8. Agardámosvos!

Para que poidades compartir en familia a mensaxe de Lupita deixámosvos este video, para que poidades voltar escoitalo en familia:

Vémonos mañá! Moitas grazas.