Mercadiño a beneficio excursión 6º Primaria 

17.04.2024

Ola familias,

O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar, este venres 19 de abril ás 18:00 horas, nun mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole.  Esta é xa a última actividade para recadar fondos para a excursión de fin de curso que realizarán no mes de maio 🌏

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade, de acceso gratuito, na que haberá merendas para os nenos e nenas, e na que poderemos desfrutar dunha tarde de convivencia en familia 🫂

Agardamos que poidades atopar cousiñas interesantes que mercar ás que darlles unha segunda vida. Non esquezades traer cartiños! 🪙

Moitas grazas, e vémonos este venres 🥳