Mercadiño a beneficio excursión 6º Primaria
Ola familias,
O alumnado de sexto de primaria convídavos a participar, o venres 8 de maio ás 18:00 horas, nun mercadiño de segunda man que terá lugar no patio do noso cole. Esta é xa a última actividade para recadar fondos para a excursión de fin de curso que realizarán no mes de maio 🌏
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade, de acceso gratuito na que poderemos desfrutar dunha tarde de convivencia en familia 👨👨👧👧. Haberá un posto de venda de cafés ☕
Agardamos que poidades atopar cousiñas interesantes que mercar ás que darlles unha segunda vida. Non esquezades traer cartiños! 🪙
Moitas grazas 🥳

