Aviso importante: Nova APP Ábaco
👋 Prezadas familias:
Tal e como se acordou na asemblea ordinaria do pasado 22 de xuño, para o curso 2026–2027 comezamos a empregar a aplicación Ábaco 📲.
⭐ Que é Ábaco?
🛠️ Ábaco é a nova plataforma de xestión que empregará a ANPA e, ao mesmo tempo, a aplicación que usaredes as familias 👨👩👧 para comunicarvos coa ANPA e realizar trámites de forma cómoda e centralizada.
📱 Como funciona para as familias?
Desde calquera dispositivo —móbil ou tablet, Android ou iOS— poderedes:
- xestionar a vosa inscrición como familia do cole 🏫
- activar ou renovar a condición de familia socia 💳
- recibir comunicacións importantes 📢
- enviar e recibir mensaxes directamente coa ANPA 💬
- inscribirvos en servizos e eventos🎉
Todo nun único lugar, de forma sinxela e rápida ✨.
📥 Descarga da aplicación e rexistro da familia
Descargade Ábaco Familias aquí (Android e iOS):
A app é intuitiva e fácil de usar 😊.
Tede en conta o seguinte:
- É moi importante que, ao rexistrar a familia na aplicación, sexa só unha das persoas proxenitoras a que realice o proceso e engada ao resto de membros da unidade familiar ao completo (proxenitores e alumnado escolarizado no centro), para así evitar erros por duplicados. Salvo que sexades usuarios de Agarda con Nós, non tedes que rexistrar autorizados de recollida.
- Cando unha das persoas proxenitoras introduce os datos de todos os membros, a outra só ten que instalar a app e indicar o seu móbil (é o identificador de usuario) para que lle aparezan os datos da súa familia dada de alta.
- Os datos que se introducen son para o curso correspondente. Prestade atención ao curso que lle poñedes aos vosos fillos e fillas: ten que ser o que comeza en setembro. Se van pasar a 1º, 3º ou 5º de Primaria e, polo tanto, descoñecedes a letra do seu grupo, no vos preocupedes, en setembro podedes actualizar esa información.
- Non cubrades datos persoais de saúde, necesidades, intolerancias, alerxias, etc. Eses datos son confidenciais e non tedes que compartilos coa ANPA. Xa cando fagades as inscricións en comedor ou actividades, teredes que indicalos ás empresas correspondentes, que son as que precisan esa información.
⭐ Funcionalidades destacadas
- Rexistro como familia do cole, con opción de activar a condición de familia socia 👨👩👧
- Pago da cota anual de socias (25 € + 0,75 € de comisión) directamente desde a app 💳
- Carné de familia socia integrado na propia aplicación 🪪
- Recibir as comunicacións oficiais da ANPA 📢
- Mensaxería directa ANPA–familias 💬
- Inscrición e pago no servizo Agarda con Nós 🕒
- Inscrición en eventos e formacións 🎉
- Novas funcionalidades no futuro (banco de libros, etc.) 🔧
🚫 Que NON se fará en Ábaco?
Ábaco non se empregará para:
- comedor 🍽️
- madrugadores 🌅
- cambiadores 🔄
- actividades públicas ou privadas externas
Estes servizos seguirán xestionándose polas empresas correspondentes (Jardanay, Federación de ANPAs, Sonicreques e EdukaJudo).
🤝 Para rematar…
Agardamos que esta nova ferramenta sexa de gran utilidade para todas as familias 💛. Implantámola agora en xullo para que todas poidades acceder con tempo e chegar ao inicio de curso con todo preparado para o novo curso 📆.
Seguiremos usando tamén as canles habituais:
🌐 web · 📸 Instagram · 📲 WhatsApp
Lembrarvos que todas as tarefas que realiza a ANPA só son posibles grazas á vosa participación 🤝
Cada familia que se suma impulsa os proxectos, fortalece os servizos e fai do noso cole un espazo máis vivo e colaborativo 🌟
Na seguinte ligazón atoparedes toda a información para asociarvos e seguir formando parte activa da comunidade durante o curso escolar 2026–2027 👨👩👧✨
Moitas grazas pola vosa colaboración 🙏

