IV Cinema na Escola: O Chichón do Pasado

14.05.2026

👋Prezadas familias:

🎬 Por primeira vez, o noso cole participa no programa municipal Cinema na Escola, na categoría de Educación Primaria.

🙌 As nenas e nenos de 5º B veñen de protagonizar unha experiencia extraordinaria, poñendo de relevo o talento, a creatividade e a capacidade de traballo en equipo. Un exemplo que non é só un logro artístico, senon unha mostra de madurez e do que se pode conseguir cando o alumnado cre e se implica no que fai, e cando conta co acompañamento, a dedicación e o entusiasmo dun profesorado que sabe inspirar o mellor de cada un.

🤩 O resultado non puido ser máis ilusionante. O curto "O Chichón do Pasado" foi presentado a todos os grupos do centro, xerando un estusiasmo enorme entre o alumnado, e converténdose nun motivo de orgullo para o profesorado e para toda a comunidade educativa.

Agora tócanos apoiarlles 

🎥 Dende hoxe, o curto xa está dispoñible para ser visto e compartido. Aninamos a todas as familias a gozar do seu traballo, difundilo e axudarlles a sumar reproduccións, "likes" e retencións, xa que estes datos serán tidos en conta para o Premio do Público.



📊 Período de valoración do público

Do xoves 14 de maio ás 12:00 h ao martes 19 de maio ás 12:00 h.

📈 Durante este tempo contabilizaranse as estatísticas que determinarán os proxectos finalistas ao premio do público.

🏆 Premios

👨‍⚖️ O xurado profesional seleccionará catro finalistas por categoría para os seguintes premios:

  • Mellor curtametraxe
  • Mellor interpretación
  • Mellor guión
  • Mellor fotografía
  • Mellores efectos visuais
  • Mellor edición e montaxe
  • Mellor edición de audio

🎖️ Rematado o periodo de visualizacións, os nenos e nenas recibirán os premios, como merecen, nunha extraordinaria gala final.

🍿 Animámosvos a ver o curto, compartilo e apoiar ao noso alumnado nesta recta final.