Organización Actividades Extraescolares Curso 2026-2027. Comezo: xoves 1 de outubro 🗓️
Prezadas familias,
Mañá xoves 1 de outubro dan comezo as actividades extraescolares, en horario de 16:00 a 17:30. Confirmamos todos os grupos:
✅ Ludiverso: infantil e primaria, aínda con prazas dispoñibles.
✅ Natación (3º e 4º de Primaria), xa iniciado.
✅ Sonicreques: poucas prazas nalgúns grupos aínda dispoñibles.
✅ Judo: todos os grupos con prazas dispoñibles.
Dende a ANPA, coñecedores da vosa implicación e participación, sabemos que entre todas e todos contribuiredes a que este primeiro día se desenvolva dun xeito responsable e positivo, facilitando que as nenas e nenos desfruten dun programa de actividades enriquecedor e ben organizado.
Achegamos nesta nova a información de cada actividade para que poidades comentala coas vosas fillas e fillos. Así, chegarán sabendo onde se realiza cada proposta e quen serán as educadoras e educadores que os acompañarán nesta nova aventura, na que o desfrute e a aprendizaxe irán da man para crear unha experiencia persoal moi positiva.
Para que todo funcione o mellor posible, é importante respectar os horarios e os puntos de entrega e recollida. A puntualidade, tanto ao deixar como ao recoller ás vosas crianzas, axuda a que as actividades poidan comezar sen interrupcións. Tamén é fundamental deixar o patio libre canto antes, xa que moitas das propostas se desenvolven nese espazo e, sen pretendelo, poderiamos interferir no seu bo funcionamento.
As nenas e nenos que utilizan o servizo de comedor serán acompañados polo persoal deste servizo ata os puntos de inicio das actividades. No caso das familias que traen ás crianzas desde a casa, lembramos que non poden deixalos a cargo do persoal de comedor: deben agardar a que a educadora ou educador responsable de cada actividade as recolla no lugar indicado.
Na seguinte táboa tedes toda a información sobre a organización:
| Actividade | Educador/a responsable | Punto de recollida e entrega ás familias | Espazos de realización |
|---|---|---|---|
| LUDIVERSO Infantil (4º, 5º e 6º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Judith Pernas e Gonzalo Pailos Sara Oreiro (especialista de Inglés) |
Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos ao pé das escaleiras á educadora responsable da actividade. Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será nas mesmas escaleiras de entrada ao colexio, dentro do recinto. |
Aulas de Infantil. Patio Exterior (zona infantil). Patio Cuberto. Ximnasio (agás venres). Biblioteca. |
| LUDIVERSO Primaria (1º, 2º e 3º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Helena (patinaxe e apoio), Diego Reimúndez e Dani (apoio) Sara Oreiro (especialista de inglés) |
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto. Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto. |
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca. |
| LUDIVERSO Primaria (4º, 5º e 6º Curso) De Luns a Venres de 16:00 a 17:30 |
Helena (patinaxe e apoio), Diego Reimúndez e Dani (apoio) Sara Oreiro (especialista de inglés) |
Na entrada do patio cuberto, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade, na entrada do patio cuberto. Os nenos e nenas do comedor esperarán no patio cuberto acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mema entrada do patio cuberto. |
Aulas de Primaria. Patio Exterior. Patio Cubierto. Ximnasio. Biblioteca. |
| NATACIÓN 3º e 4º Primaria Martes de 16:45 a 17:30 Horario bus: saída 16:15 e recollida 18:00 |
Concellería de Deportes |
Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio. As familias achegan e recollen as nenas e nenos (en ningún caso educadores de comedor ou actividades nin ANPA) O bus pasa ás 16:15 e regresa ao mesmo punto ás 18:00. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole. |
Piscina Municipal de San Diego. |
| SONICREQUES Infantil Luns, Mércores e/ou Venres de 16:00 a 17:00 |
Cristóbal (Luns e Venres) |
Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior e bordear o cole ata Infantil). As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o/a educador/a responsable da actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas do comedor esperarán no corredor de infantil acompañadas do equipo educativo do comedor. A entrega despois da actividade será na mesma porta de entrada a Infantil. |
Aula de Música (2º andar). |
| SONICREQUES Primaria Luns e/ou Venres de 17:00 a 18:00 |
Cristóbal (Luns e Venres) |
Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto (acceder pola porta pequena exterior). As familias que veñen da casa agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable da actividade recolla ás nenas e nenos. Os nenos e nenas de Ludiverso agardarán a que o educador os recolla na actividade de Ludiverso correspondente, onde estarán co equipo educativo de Ludiverso. A entrega despois da actividade será nas escaleiras de entrada ao colexio, dentro do recinto. |
Luns: Aula de Música (2º andar). Venres: Ximnasio |
Para as nenas e nenos que participan en Ludiverso e tamén en Sonicreques, as educadoras e educadores xa dispoñen dunha listaxe cos seus nomes, de modo que o equipo de Sonicreques poida recollelos sen dificultade. Agradecemos que tamén o comentedes coas vosas fillas e fillos e coas educadoras durante os primeiros días, mentres aínda non se coñecen, para facilitar que as transicións entre actividades se realicen con tranquilidade e sen incidencias.
Para as actividades de Ludiverso que inclúen algunha modalidade de Patinaxe, non é necesario traer os patíns nos primeiros días. Nesta fase inicial están previstas propostas lúdicas pensadas para favorecer o coñecemento, a vinculación e a creación de grupos. As educadoras irán compartindo a información coas nenas, nenos e familias ao longo do proceso.
As actividades de Judo desenvolveranse nas instalacións de EdukaJudo, polo que non é posible realizar trasvases desde outras actividades que teñen lugar no colexio. A asistencia dos nenos e nenas a Judo é responsabilidade das propias familias.
Nestes primeiros días de inicio, pregamos paciencia e comprensión. Tal e como comentamos na xuntanza de actividades, todas e todos formamos parte deste proxecto, polo que vos agradecemos que calquera incidencia ou suxestión de mellora a compartades connosco a través das canles de comunicación habituais: Ábaco, mail ou teléfono.
Agradecemos, coma sempre, a vosa participación e implicación. Lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades.
Moitas grazas.

