Son as protagonistas e piden o voso voto

23.11.2022

Prezadas familias,

Temos moi claro que con esta comunidade educativa, acadalo é posible. Dende o primeiro minuto no se que abriu o prazo de votacións da fase final dos Orzamentos Participativos, puxéstesvos man á obra para lograr o maior número de votos para o noso proxecto de patio

E grazas á vosa colaboración e implicación, hoxe presentámosvos o vídeo que preparamos coas vosas achegas, para que poidades gozalo en familia e difundilo masivamente, que sexa como unha onda que inunde de emoción todos os recunchos da cidade e volva convertida nun mar de votos. Un patio ilusionante depende de gañar a votación. E así o pedimos!


Lembrade como votar:

A través da web https://bit.ly/votacionfinal ou de maneira física nas urnas postas a disposición da cidadanía:

#barrioverde #votapatiodoramon