
Xuntanza de presentación equipo educativo comedor. Curso 2026-27
Prezadas familias:
Queredes saber onde comen os vosos fillos e fillas? Como son las instalacións? Queredes coñecer o funcionamento das quendas de comida? Queredes ver onde pasan ese tempo antes e despois das comidas? Que persoas os atenden? Onde os deixades no servizo de madrugadores?
Como se avanzou na xornada de presentación de espazos de comedor de finais de xuño, organizamos unha xuntanza de presentación dirixida a todas aquelas familias usuarias que queiran achegarse a coñecer o equipo educativo e o espazo do comedor, no que os seus fillos e fillas pasarán parte importante da xornada extraescolar.
A xuntanza está organizada desde a ANPA en colaboración co colexio e con Jardanay, empresa responsable do servizo. Será este venres 4 de setembro de 17:00 a 17:30 horas no comedor, e está pensada para que poidades acudir en familia, acompañados dos vosos nenos e nenas, para que podan coñecer ás persoas coas que van compartir ese tempo.
A convocatoria está especialmente dirixida ás familias que empezan a súa andaina no centro ou no servizo de comedor, pero está aberta a calquera familia que xa fai uso do servizo ou que esté valorando facelo.
Agardámosvos!
Aproveitamos para lembrarvos que está aberto o prazo de renovación da condición de familias socias da ANPA para o vindeiro curso 2026-2027. Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Moitas grazas.
