Presentación da maqueta do barrio 

24.05.2022

Prezadas familias:

O noso colexio ven de acadar un novo fito no proxecto Mestra de Obra, de humanización e adaptación do patio. A maqueta, na que as familias e mestras levabamos semanas traballando, ponse de longo por todo o alto o xoves 26 de maio ás 19:00 horas na igrexa do Barrio das Flores (Rúa das Petunias, 8) para a presentación do Plan de Acción para ese barrio.

Non se nos ocorre mellor ocasión para lucila. Nun dos edificios máis representativos dun dos barrios máis salientables na arquitectura da cidade, para aquí comezar a materializar o soño que é este proxecto: facer barrio e facer comunidade a través da intervención dos espazos. Darlle aos nenos e nenas, aos cidadáns e cidadás, o espazo que merecen.

A entrada ao acto de presentación é libre. Animádevos a ir e fagamos deste momento unha festa de celebración do esforzo que nos trouxo aquí e de todo o bo que Mestra de Obra nos vai traer.

Moitas grazas.