Recollida Solidaria

09.03.2022

Benqueridas familias:

Queremos informarvos de que durante o mes de marzo, imos organizar no colexio, unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros e cueiros, para as familias de refuxiados ucraínos.

A ninguén se nos escapa a inxusta e difícil situación que están a vivir estas familias e que non pasa desapercibida para ninguén, e cando dicimos ninguén, referímonos tamén ás nosas fillas e fillos. Esta acción nace da iniciativa dalgunhas nenas e nenos que a través das súas familias comunicáronnos a súa intención de achegar este pequeno gran de area e sumarse así ao movemento solidario que se está xerando en toda Europa.

A partir do xoves 10 de marzo, teredes dispoñible no holl de entrada, un espazo cedido polo colexio, para que as nenas e nenos poidan depositar as súas doazóns.

Todo o que se consiga recoller, farase chegar á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-UCRAINA). Esta asociación de recente creación, está formada por ucraínos residentes en Galicia en colaboración con galegos, co fin de recoller e enviar axuda material aos seus compatriotas.

Seguindo instrucións desta asociación, imos centrar esta doazón nos seguintes produtos de primeira necesidade e pouca dispoñibilidade, sobre todo para a poboación infantil:

CEREAIS E LEITE EN PO INFANTIL DE CALQUERA IDADE

CUEIROS DE CALQUERA IDADE

TOALLIÑAS HÚMIDAS

Queremos agradecer de antemán a vosa colaboración, non tendo dúbidas de que estará á altura desta difícil situación.

Un saúdo

Anpa Rasa