Nova sección de formación

21.04.2026

Prezadas familias,

Queremos presentarvos que implementamos unha nova sección na nosa web para facilitar o acceso á documentación relativa ás formacións que organiza a ANPA. É unha páxina con recursos abertos para todas as familias, tanto socias coma non.

Poderedes atopar xa os recursos das xornadas en Comunicación Non Violenta, así como tamén as ligazóns da sesión formativa dirixida ás familias de 5º e 6º de Primaria, sobre Ciberseguridade e Menores Conectados.

Podedes atopala na seguinte ligazón:

Moitas grazas por ser parte desta comunidade e polo voso compromiso.