Comparte a súa experiencia: ven probar o comedor

30.04.2026

Prezadas familias:

A ANPA, segundo o tratado na comisión de traballo de comedor, pon en marcha unha iniciativa para que as familias poidan coñecer de primeira man como funciona o servizo de comedor escolar: a organización, os tempos, o ambiente e, por suposto, a comida que se serve cada día.

Esto é algo que calquera familia pode facer durante o curso, avisando previamente á coordinadora do servizo. Para darlle máis visibilidade e fomentalo entre as familias, lanzamos esta campaña, de xeito que entre o 11 de maio e o 12 de xuño, unha persoa por familia poida acudir ao comedor e vivir a experiencia desde dentro. 

📅 Como participar

Para asistir, é necesario reservar día previamente a través do formulario na seguinte ligazón:

QR Code for Jotform form

Por cuestións organizativas e ter marxe para comunicar a asistencia á coordinadora do servizo, a reserva debe facerse antes do día anterior ás 18:00 h. como hora límite. Por cuestións de espazo, limitamos que cada día podan acudir un máximo de dúas personas.

🕒 O día da visita

Para que todo funcione con normalidade, pedimos ter en conta estas indicacións:

  • Se é posible, acudir ao comedor 5 ou 10 minutos antes da hora indicada, e sempre puntualmente.
  • Durante a vosa estancia, evitar interactuar co alumnado, para non alterar o ritmo habitual do servizo.
  • A idea é que poidades observar, probar e coñecer como é o comedor no seu día a día, pero limitade o tempo de permanencia no servizo a un máximo dunha hora, para non interferir coas tarefas de recollida.
  • O persoal estará dispoñible para resolver dúbidas e explicar o funcionamento cando corresponda, pero como é lóxico, a súa prioridade será atender ao alumnado.

📝 A vosa opinión importa

Despois da visita, agradeceremos que nos enviades a vosa opinión por correo electrónico. As vosas impresións axudaranos a elaborar unha valoración completa que presentaremos á comisión encargada do seguimento do comedor escolar.

🤝 Un espazo para coñecer e mellorar

Esta iniciativa nace co obxectivo de achegar o comedor ás familias, ofrecer transparencia e facilitar unha visión real do servizo. A vosa participación é fundamental para seguir medrando en comunidade, canalizar opinións, atopar puntos de mellora, etc. En definitiva, traballar para ofrecer un espazo mellor para os nosos nenos e nenas. Todas as familias estades convidadas. Reserva o teu día e comparte a súa experiencia.