Información de despedida de curso 2022-2023. Bo verán!

22.06.2023

Prezadas familias:

Moitas grazas pola vosa presenza e asistencia multitudinaria á festa de fin de curso. Grazas á vosa participación responsable e cívica, compartimos unha tarde de festa continua, na que tamén houbo lugar para as emocións, coa homenaxe aos nenos e nenas de sexto, que deixan atrás unha etapa no noso colexio. Agardamos que nos seus corazóns quede para sempre a pegada da nosa comunidade educativa.

Agradecemos un ano máis poder contar coa presencia de Juego Sucio, que contaxiaron a súa enerxía e paixón a todas as familias. Que viva a música en directo! Moitas grazas tamén a todos os educadores e educadoras e, como non, ao alumnado e ás familias de quinto, que arrasaron co seu posto de productos da horta e que nos repartiron unhas fantásticas merendas. Empeza con moi bo pé a recollida de fondos para a súa festa de fin de curso o ano que ven.

Queremos desexarvos un bo verán, pero non sin antes infomarvos dos seguintes temas:

  • Na primeira semana de xullo estarán publicadas todas as actividades extraescolares e de conciliación para o vindeiro curso. Non deixedes de consultar a nosa web.
  • Dende a ANPA asumirase a merca de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que non se concedan no fondolibros, tal e como se aprobou na última asemblea de socios. Prestade atención á publicación do formulario para solicitalos.
  • A alta/renovación dos servizos de comedor e madrugadores poderá facerse a partir da segunda quincena de xullo. Por esas mesmas data poderedes tamén renovar a condición de familia socia da ANPA para o vindeiro curso. Informaremos puntualmente na web.
  • Próximamente se publicarán tamén as datas de formación en mediación para as familias que terán lugar nos meses de outubro a maio. No marco do plan de convivencia, serán unha ferramenta que aportará moito valor coa formación en paralelo co equipo docente, que xa iniciou durante este curso, e coas nenas e nenos.

Aproveitamos para compartir cos vós unha pequena galería de fotos da festa de onte, que agardamos sexa do voso agrado. Moi boas vacacións e cargade as pilas porque xa queda un día menos para un novo curso 2023-2024.