Votar... é o noso!

23.04.2023

Prezadas familias,

Xa sabemos que ás familias do Ramón, cando se trata de votacións, dámolo todo. Compartimos, difundimos e chegamos a todos os recantos posibles para gañar votos. Para o noso cole!

Nesta ocasión, as nenas e nenos de terceiro fixeron un gran traballo para participar no VI Concurso "Cantamos con las Manos" organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

E, por suposto, toda a comunidade educativa nos poñemos en marcha, dende xa, para acadar o maior número de votos posible.

Temos ata ás 12:00 do xoves 27 de abril para acadar o obxectivo!

Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo e votar polo noso cole:

Votar é moi sinxelo, só tedes que pulsar no banner:

A continuación, seleccionar o noso cole no desplegable do formulario e enviar:

Imos a por todas. Parabéns a esas nenas e nenos de terceiro. Moi bo traballo! Agora entre todas e todos a apoialo!

Un saúdo.