Sobe o pano: tachán... un novo patio!! 

28.10.2022

Prezadas familias,

Unha vez máis, podemos vivir a vosa extraordinaria participación e implicación co cole das nosas fillas e fillos. Conseguimos, entre toda a comunidade educativa, que o noso Proxecto de Patio fose a proposta máis votada do noso distrito e unha das primeiras a nivel de cidade na fase inicial dos Orzamentos Participativos do Concello. Isto só acaba de iniciar e temos a seguridade de que, entre todos e todas, poderemos sacar adiante un proxecto preciso para o noso cole.

Para poder seguir avanzando animámosvos a participar o xoves día 3 de novembro de 17:00 a 19:00 nun encontro de toda a comunidade educativa cos profesionais encargados do proxecto de transformación do noso patio. Un espazo no que compartiremos as cousas que xa están pasando e as que están por vir, onde tamén poderemos preguntar e aportar ideas ao proxecto.

As nenas e nenos participarán nun Taller Lupo (@sistemalupo) (de 17:00 a 18:00) e despois,  de 18:00 a 19:00, sumaranse ao encontro para contarnos o que están facendo xa no seu patio. Fermín (@ferminblanc0) contaralles o que poden facer eles para axudarlle nesa xa imparable transformación. Despois, terán un tempo de preguntas e propostas neste espazo.

Xa están pasando moitas cousas no noso cole e, xuntas, toda a comunidade educativa podemos seguir avanzando nesta andaina tan ilusionante.

Contamos contigo, como xa informou o colexio, vémonos o xoves 3 de novembro ás 17:00, na Sala de Exposicións da Igrexa Parroquial Resurrección do Señor do Barrio das Flores, na rúa Petunias 8.

Moitas grazas.