Aviso familias: Xuntanza Actividades Extraescolares 2026-2027 e Servizos de Conciliación

14.06.2026

Prezadas familias:

Imos avanzando no calendario de peche de curso que compartimos hai uns días. Cada vez estamos máis preto de despedir este curso…

Tal e como vos adiantamos, o luns 22 de xuño de 16:30 a 17:30 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias do centro, e de nova incorporación, para explicar o proxecto de centro en torno ás actividades extraescolares e servizos de conciliación para o curso 2026-2027. Despois desta xuntanza, dará comezo a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA, con acceso para as familias socias durante este curso.

Nesta xuntanza contaremos coa presenza dos equipos técnicos das diferentes entidades implicadas (Federación de ANPAs, Sonicreques e EdukaJudo) que explicarán o proxecto pedagóxico das actividades extraescolares e resolverán as dúbidas que poidan xurdir.

Dado que este ano hai un cambio de empresa no servizo de comedor, asistirá tamén Jardanay, que presentará o funcionamento do servizo e os programas educativos que desenvolverán no comedor. Estes programas poderán consultarse na nosa páxina web, onde tamén iremos publicando os programas das actividades extraescolares para o vindeiro curso, a partir do xoves 18 de xuño.

Recomendamos revisar previamente esta documentación, xa que facilitará unha xuntanza máis áxil e permitirá que as familias poidamos trasladar as dúbidas que precisemos consultar.

Para que poidades acudir e conciliar, durante o encontro contaremos cun equipo de  tres educadoras que estarán dinamizando e acompañando aos nenos e nenas con actividades e xogos de auga, para que a reunión resulte máis cómoda e enriquecedora para todas as partes.

Moitas grazas e contamos, coma sempre, coa vosa presenza. Imos a pola última semana de curso!