Xuntanza Actividades Extraescolares 2022-2023

11.09.2022

Prezadas familias:

Tal e como vos adiantamos, este martes 13 de setembro de 16:30 a 18:00 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para este curso.

Na xuntanza, contaremos cos técnicos responsables que explicarán o proxecto pedagóxico das actividades extraescolares e aclararemos calquera dúbida que teñades.

Para que poidades acudir e conciliar, contaremos cun servizo de educadores e animadoras que estarán dinamizando e acompañando aos nenos e nenas.

Lembrarvos que se queredes achegarnos novas propostas de actividades extraescolares, podedes facelo no seguinte formulario:

O período de formalización da matrícula para as actividades que aparecen no cadro proposto será do 12 ao 18 de setembro. Tedes toda a información na seguinte ligazón: 

Por último, lembrarvos que na seguinte ligazón dispoñedes de toda a información para asociarvos e poder participar nas diferentes actividades e proxectos que nos agardan neste curso escolar 2022-2023:

Moitas grazas e contamos coa vosa presenza.