Actividades extraescolares 2023-2024


O seguinte cadro recolle a oferta final de actividades extraescolares para o curso 2023-2024, segundo as inscricións realizadas e a formación final de grupos.

A inscrición en todas as actividades está aberta ata cubrir o cupo máximo de alumnos e alumnas por grupo (agás nos grupos de Sonicreques Infantil e de Primaria dos luns).  

Cadro definitivo de actividades 2023-24

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
16 A 17
LUDIVERSO, todos os grupos (Infantil, 1º-3º Primaria e 4º-6º Primaria)
SONICREQUES
Infantil
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
XOGOS MOTORES
Infantil
PREDEPORTE
1º 2º e 3º Primaria
SONICREQUES
Infantil
XOGOS MOTORES
Infantil
INGLÉS
Infantil
INGLÉS
Infantil
17 A 18 SONICREQUES
Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria
INGLÉS
4º 5º e 6º Primaria
INGLÉS
1º 2º e 3º Primaria
SONICREQUES
Primaria
XADREZ Primaria
**
XADREZ Primaria
**
ROBÓTICA
Primaria
INGLÉS
4º 5º e 6º Primaria

* A actividade de Natación ofertarase para o noso centro os martes de 16:45 a 17:30 horas. A información completa sobre este programa está accesible na seguinte ligazón: Campaña de natación escolar 2023-2024

** O grupo da actividade de Xadrez está condicionado a que se acaden o mínimo de inscricións en xaneiro de 2024, por grupo de idade.


Organización actividades (pendente de actualización)

O seguinte cadro recolle a información sobre a organización das actividades extraescolares do curso 2023-2024:

ACTIVIDADE EDUCADOR/A RESPONSABLE PUNTO DE RECOLLIDA E ENTREGA ÁS FAMILIAS
LUDIVERSO Infantil

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Belén Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 1º a 3º Primaria

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Judith Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
LUDIVERSO 4º a 6º Primaria

De Luns a
Venres de 16:00 a 17:00
Pablo Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos ao educador
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS Infantil

Martes e Xoves
de 16:00 a 17:00
Andrea Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.
INGLÉS 1º a 3º Primaria

Martes e Xoves
de 17:00 a 18:00
Andrea Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables.
INGLÉS 4º a 6º Primaria

Mércores e Venres
de 17:00 a 18:00
Salma Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables.
XOGOS MOTORES Infantil

Luns e Mércores
de 16:00 a 17:00
Helena Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor.
XOGOS RÍTMICOS Infantil

Luns e Mércores
de 17:00 a 18:00
Belén Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
As nenas e nenos que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos educadores responsables no patio cuberto.
PREDEPORTE 1º a 3º Primaria

Martes e Xoves de 16:00 a 17:00
Gabriel Entrada do patio cuberto, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora responsable da actividade.
Os nenos e nenas do comedor agardan no patio cuberto acompañados do equipo educativo do comedor.
ROBÓTICA 6º Infantil e 1º Primaria

Martes de 17:00 a 18:00
Sandra Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada.
ROBÓTICA 2º a 6º Primaria

Mércores de 17:00 a 18:00
Sandra Nas escaleiras da entrada ao colexio, dentro do recinto,
ao que accederemos pola porta pequena principal.
As familias agardan coas nenas e nenos á educadora
responsable da actividade.
Os nenos e nenas que veñen da actividade de 16 a 17 serán
acompañados polos edudadores responsables no hall de entrada.
NATACIÓN 2º 3º e 4º Primaria

Martes de 16:15 a 17:55
Concellería de Deportes Parada do Bus en R/Camilo José Cela fronte ao colexio.
As familias achegan e recollen as nenas e nenos. O bus pasa ás
16:15 e regresa ao mesmo punto ás 17:55. Tendo en conta este horario, as familias acceden á parada por fóra do cole.
SONICREQUES

Infantil
Luns ou Venres de 16:00 a 17:00

Primaria
Luns ou Venres de 17:00 a 18:00
Cristóbal Porta de entrada a Infantil, dentro do recinto, ao que accederemos
pola porta pequena principal. As familias agardan na entrada de Infantil a que o educador responsable desta actividade recolla ás nenas e nenos.
Os nenos e nenas do comedor esperarán no hall de entrada
acompañadas do equipo educativo do comedor.Os nenos e nenas de Primaria que veñen doutra actividade de 16 a 17, serán acompañados polos educadores responsables na hall de entrada.

LUDIVERSO

Baixo a denominación Ludiverso desenvólvese un programa multidisciplinar de actividades centradas no "traballo por proxectos". Forma parte do programa educativo da Federación de ANPAs.

Inicialmente foi pensada como unha actividade para aquelas nenas e nenos que, por necesidades de conciliación da súa familia, permanezan na escola ata as 17 ou ata as 18 horas. Finalmente, para o curso 2023-2024 só foi solicitada polas familias en horario de 16 a 17 horas

A actividade contará cun equipo estable de educadoras e educadores na que, en diferentes grupos de idade, mesturan unha actividade lúdica e variada, compartida cun grupo de referencia de iguais.

En Ludiverso mestúranse actividades culturais e artísticas, así como deportivas, xogos e novas tecnoloxías. Unha aventura dinámica na que estes contidos xiran en torno a unha temática ou centro de interese que mudará cada trimestre, sendo en todos os casos unha experiencia persoal e social moi enriquecedora para os nenos e nenas. 

A METODOLOXÍA empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal. As nenas e nenos convírtense en protagonistas xerando a súa propia aprendizaxe a través da indagación e experimentación.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024. 

Está DIRIXIDA a escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A oferta de actividades plantéxase en función dos seguintes tres tramos de idade:

  • 4º, 5º e 6º de Educación Infantil
  • 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria
  • 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria

A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.

A INSCRICIÓN nesta actividade farase para os cinco días da semana, para todos os grupos, con horario só de 16 a 17 horas. A inscrición nesta actividade é compatible coa inscrición na actividade de inglés, xa que o programa Ludiverso non inclúe o traballo de idiomas.

Pode facerse polos seguintes medios:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas ao longo do curso, nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro
  • Período xaneiro-marzo
  • Período abril-xuño

A cota é de 63 €/trimestre na modalidade de participación de luns a venres de 16 a 17 horas.

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (31,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.

As cotas inclúen saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.


SONICREQUES

Sonicreques é un proxecto de educación musical no que os nenos e nenas desenvolven as súas capacidades mediante o xogo e aprenden conceptos musicais básicos. Ademais realizan unha iniciación instrumental que lles permite coñecer as súas capacidades e gustos musicais. 

Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:

  • INFANTIL: Luns ou Venres de 16h a 17h.
  • PRIMARIA (flexible): Luns ou Venres de 17h a 18h.

INSCRICIÓN: todos os grupos teñen pechadas a inscrición por acadar o máximo de participantes, agás o de Primaria dos venres.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

PREZOS: O custo da actividade é de 15€/mes por alumno ou alumna.

A INSCRICIÓN poderá realizarse segundo as instruccións publicadas na propia web de Sonicreques, na seguinte ligazón (só para o grupo de Primaria dos venres no que quedan prazas):

Consiste en cubrir un formulario e envialo por correo electrónico a sonicreques@gmail.com


XOGOS MOTORES INFANTIL

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil os luns e mércores de 16h a 17h.

É unha actividade con propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo, orientadas a desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivo e as socio-motrices xenéricas.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo. A partir de 20, desdobrarase o grupo. 

A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro
  • Período xaneiro-marzo
  • Período abril-xuño

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.


PREDEPORTE

Esta actividade deportiva forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, os martes e xoves de 16 a 17h.

É unha actividade con propostas baseadas no predeporte, como unha evolución natural dos xogos motores e outras propostas que se sitúan a cabalo do xogo e o deporte.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.  

A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo.

A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios: 

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro
  • Período xaneiro-marzo
  • Período abril-xuño

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.


INGLÉS

Esta actividade de idioma forma parte do programa de Idiomas no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais tanto para os grupos de Educación Infantil como de Educación Primaria.

É unha proposta que procura un achegamento á lingua inglesa desde unha parte máis lúdica, co obxectivo de adquirir comprensión e fluidez na comunicación oral, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas. A metodoloxía das actividades desde programa defínese por tres características: actividade complementaria, contorna lúdica e participación activa do alumnado.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 2 de outubro de 2023 ao 21 de xuño de 2024.

Impártese nas seguintes modalidades:

  • INFANTIL: Martes e Xoves de 16h a 17h.
  • 1º, 2º e 3º de PRIMARIA: Martes e Xoves de 17h a 18h.
  • 4º, 5º e 6º de PRIMARIA: Mércores e Venres de 17h a 18h.

A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos, por cada tramo de idade, para formar grupo.

A INSCRICIÓN pode facerse ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios:  

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 45 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro
  • Período xaneiro-marzo
  • Período abril-xuño

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (22,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24. 


XADREZ

Esta actividade forma parte do programa de Deporte no Centro da Federación de ANPAs e impártese en formato de 2 horas semanais para os grupos de Educación Primaria, os luns e venres de 17 a 18 h.

É unha proposta educativa que procura un achegamento lúdico ao mundo do xadrez segundo diferentes idades e niveis de habilitade. Ten un enfoque que inicia na aprendizaxe a través de xogos de taboleiro e que se concreta no xogo do xadrez, como unha ferramenta educativa divertida, capaz de estimular o pensamento crítico e estratéxico e a mellora das habilitades matemáticas e de lóxica.

PERIODO DE REALIZACIÓN: do 5 de febreiro de 2024 ao 21 de xuño de 2024, no caso de formarse grupo co mínimo de inscricións.

A RATIO é dun mínimo de 10 escolares inscritos para formar grupo.

A INSCRICIÓN pode facerse, partir do 22 de xaneiro de 2024, ata a acadar o máximo de prazas, polos seguintes medios: 

📧 inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

📞 649055939 ou 698158503 (en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 h.)

COTAS A ABOAR: Aboaranse 3 cotas de 21 €/trimestre ao longo do curso, nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro
  • Período xaneiro-marzo
  • Período abril-xuño

As familias beneficiarias de bolsa comedor no presente curso, deberán aboar o 50% da cota do programa (10,50 €/trimestre).

A totalidade dos escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPAs para o curso 2023-24.


ROBÓTICA

É unha actividade que ten como obxectivos acercar e demostrar as posibilidades das disciplinas STEAM, a resolución de retos e a execución de proxectos para o alumnado, con diferentes niveis adecuados á idade e coñecementos de cada grupo.

Emprega unha metodoloxía activa na que o alumnado ten o papel protagonista de xeito que sexan os principais tomadores de decisións, con clases completamente prácticas que se fundamentan no xogo para garantir a interiorización dos contidos e o éxito do proceso formativo. 

Os contidos que se traballarán son o acercamento á robótica e a programación, a tecnoloxía e o deseño e impresión 3D, con propostas que variarán semanalmente. 

Impártese en formato dunha hora semanal, nas seguintes modalidades:

  • 6º de INFANTIL e 1º de PRIMARIA: Martes de 17h a 18h.
  • 2º a 6º de PRIMARIA: Mércores de 17h a 18h.
Para o curso 2023-2024 non se acadou o mínimo de inscricións no grupo dos martes e iniciou a actividade só co grupo dos mércores, unificando todas as etapas de Educación Primaria.

A actividade estará impartida pola empresa local EnxeñoLabs by Dismedia. É preciso un mínimo de 8 inscricións en cada grupo para que a actividade poida iniciarse.

PERIODO DE INSCRICIÓN: aberta nos dous grupos ata completar o máximo de inscricións.

PERÍODO DE REALIZACIÓN: do 4 de decembro de 2023 ata final do curso escolar.

PREZOS: O custo da actividade é de 25€/mes por alumno ou alumna.

A INSCRICIÓN poderá realizarse mediante o formulario que atoparedes na seguinte ligazón:

Máis información na súa web: https://enxenolabs.gal/