Blog Extraescolares

Os grupos de Ludiverso de 1º a 3º e de 4º a 6º de primaria colaboramos e xuntámonos para facer unha actividade baseada no xogo "el virus" e aproveitamos algún día de choiva para fabricar as cartas que usaremos.

Os máis pequenos de Ludiverso iniciamos este primeiro trimestre a temática adicada á educación para a saúde e coñecemos os "emonstruitos", que nos falan das emocións e como xestionalas.

Os nenos e nenas de infantil en Xogos Motores estivemos a coñecernos durante este primeiro mes de outubro a través de xogos movidos para focalizar a enerxía, xogos de coordinación con pelotas e globos, xogos de roles nos que intercambiamos os papeis, xogos de equilibrio empregando os materiais do ximnasio e tamén contamos contos motores nos que nos...

Un novo curso botou a andar e, como é habitual, no mes de outubro iniciaron os programas das Actividades Extraescolares. Este ano poñemos en marcha este blogue para que as familias poidades sentirvos máis préto dos vosos fillos e fillas e ter máis información do que acontece fóra do horario lectivo.