Agarda con nós

A oferta deste servizo consiste nun espazo de conciliación de 14 a 15 h. para aquelas familias que non poidan chegar a recoller ás súas fillas e fillos ás 14:00 h pero que non queiran inscribirse ao comedor.

A inscrición pode facerse enviando un escrito ao correo da ANPA (anparamondelasagra@gmail.com) cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos do neno ou nena, idade e curso.
  • Días da semana que necesita o servizo.
  • Horario escollido para a recollida do alumno (14:30 ou 15:00h).

Data de inicio: 08/9/2022 (calquera cambio comunicarase na web e RRSS)

Débese entregar a AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA o primeiro día que asista.

Os prezos poden variar en función das nenas e nenos que empreguen o servizo. Informarase das tarifas definitivas en canto se formalicen inscricións.