Boas Festas!
Prezadas familias,
Co ano chegando ao seu fin, dende a ANPA queremos expresar a nosa ledicia por formar parte dunha comunidade educativa activa e comprometida na nosa escola.
A incrible participación e implicación de todas as familias e a disposición de todo o claustro xéranos unha gran satisfacción e ilusión. Unha ilusión e entusiasmo que nos motivan a seguir colaborando e contribuíndo.
Estamos vendo como unha parte moi importante de Mestra de Obra se consolida coa próxima finalización da primera parte das obras de remodelación do patio, que iniciarán unha nova etapa de desfrute deste novo espazo.
Este primeiro trimestre sempre é un reto, pero coa coa colaboración de todos e todas puidemos sacar adiante a organización e desenvolvemento das actividades extraescolares e servizos de conciliación, a posta en marcha dos grupos de colaboración, etc. Sabemos que foi un gran esforzo, pero tamén comprobamos de primeira man que, cando moitas persoas se xuntan e traballan por un ben común, medramos, e moito! E con nós, as nosas nenas e nenos.
Este xoves 19, como é tradición, o Paxe Real visitou a nosa escola, convidado nada máis e nada menos que por Cascarilla. O venres 20, último día do trimestre, os nosos nenos e nenas celebraron o fin de ano, cunha festa e unhas badaladas moi especiais. Xa pola tarde tivo lugar un gran encontro en comunidade, coa grande chocolatada e feira de artesanía, un evento que cada ano acada un maior éxito. Trasladámosvos o agradecemento dos nenos e nenas de sexto pola participación de toda a comunidade educativa, e deixámosvos unha pequena mostra fotográfica:
As actividades foron un espazo moito máis que de conciliación. Agradecer as suxestións e incidencias que nos achegastes. Non deixedes de facelo, de todas e todos depende que poidamos seguir mellorando e avanzando. Para o segundo trimestre, poderemos artellar e poñer en marcha as vosas suxerencias e melloras.
Aquí vos queremos presentar un novo traballo: a posta en marcha do blog de actividades extraescolares deste curso.
Agardamos que desfrutedes deste agasallo en familia, que o podades comentar cos vosos fillos e fillas, tanto se participan nas actividades, coma se non. Hoxe é unha noite especial para facelo.
Lembrade que estades a tempo de inscribir ás vosas fillas e fillos en calquera das actividades para o segundo e terceiro trimestre. Tedes toda a información sobre as mesmas nesta sección da nosa web:
Desexarvos un BO NADAL, cheo de maxia e ilusión, e unha boa entrada de ano.
E non esquezades recargar pilas, agárdannos moitas cousas que compartir no novo ano 2025! Iniciaremos o segundo trimestre co grande evento da cabalgata dos Reis Magos, que iniciarán o seu percorrido, un ano máis, desde a Ronda Camilo José Cela, desde as portas do noso cole
Apertas para todas e todos!
ANPA RASA