Un maio cheo de aprendizaxes, decisións e celebracións

23.05.2026

Prezadas familias:

O final de curso achégase, e no CEIP Ramón de la Sagra vivimos unhas semanas intensas, cheas de participación, formación, creatividade e tamén de solidariedade. Queremos recoller aquí os principais fitos deste mes, que amosan unha comunidade educativa activa e comprometida.

🍽️ Resultado da votación sobre o comedor escolar

Este luns 18 de maio celebrouse a Asemblea Extraordinaria na que as familias socias da ANPA votaron entre as dúas propostas presentadas para a xestión do comedor escolar a partir do curso 2026–2027.

A participación foi de 68 familias (sobre un censo de 202), e o resultado final foi:

  • 37 votos para Jardanay
  • 31 votos para Arume

De acordo co procedemento aprobado pola ANPA e polo Consello Escolar, a empresa elixida para a xestión dos servizos é Jardanay a partir do vindeiro curso.

Na seguinte ligazón podedes consultar a acta da Asemblea Extraordinaria, tamén na sección de documentación da web:

Queremos agradecer a ambas empresas o traballo realizado e, de maneira especial, recoñecer a traxectoria de colaboración de Arume ao longo destes anos, nos que contribuíu a mellorar a calidade e a calidez do servizo. Esta información xa foi trasladada ás dúas empresas de forma transparente e simultánea, mantendo o clima de respecto que guiou todo o proceso.

A partir de agora iniciamos a preparación do curso 2026–2027. Nos próximos días, ANPA e centro educativo traballaremos de maneira coordinada para:

  • establecer as liñas de traballo e os criterios de funcionamento
  • garantir unha transición ordenada e planificada
  • supervisar a posta en marcha do servizo
  • velar polo cumprimento dos estándares acordados, sempre coa prioridade posta no alumnado.

📊 Enquisas

Se ainda non o fixestes, lembrade que mañá domingo 24 de maio pechamos as enquisas de valoración de servizos, actividades e de consulta para o vindeiro curso. 

Lembrade que as tedes todas dispoñibles nesta ligazón:


🎬 O Chichón do Pasado, premio especial categoría Comedia en Cinema na Escola

Estes días tamén tivemos unha enorme alegría: a curtametraxe de 5º B O Chichón do Pasado recibiu a Mención Especial á Mellor Comedia no certame Cinema na Escola.

O recoñecemento tivo lugar na gala celebrada o martes 19 no centro Sociocultural Ágora. É un premio ao esforzo colectivo e á creatividade do noso alumnado, profesorado e familias. Un proxecto que nos fixo rir, pensar e sentir orgullo do que somos capaces cando traballamos xuntos.

Aquí vos deixamos un vídeo do momento da gala e unha pequena galería fotográfica:


🏕️ Campacole

Lembrade que unha vez remate o curso, iniciará este verán no noso cole o Campacole. Tedes na páxina web da federación de ANPAs e do Concello toda a información e prazos:

  • Prazo de solicitude: 4, 5 ,6 y 7 de maio de 2026
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos/as: 15 de maio
  • Reclamacións á listaxe provisional: 18 e 19 de maio.
  • Publicación do listado de admitidos/as: 20 de maio
  • Sorteo das prazas: 21 de maio, ás 10h
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 1 de xuño
  • Inscripción e pago: 2, 3, 4 e 5 de xuño
  • Chamadas á lista de espera: a partir do 10 de xuño

Realizado o sorteo o día 21 ás 10h, o número seleccionado foi o 974.

Podedes seguir a información actualizada nas seguintes ligazóns:


🤝 Peche da formación en Comunicación Non Violenta

Outro dos camiños que percorremos este curso foi a formación conxunta en Comunicación Non Violenta, na que participaron familias e profesorado.

Nos últimos meses, foron tres sesións de aprendizaxe compartida, de escoita, de apoio mutuo e de reflexión sobre como construír relacións máis respectuosas, empáticas e conscientes dentro e fóra das aulas.

Esta formación rematou este mércores 20, pero deixa sementadas ferramentas e dinámicas que seguirán medrando na nosa comunidade educativa.

A documentación está accesible na web para todas as familias, na seguinte ligazón:

Ademais, aquí vos deixamos unha galería fotográfica dalgúns momentos:


🎒 Mercadillo solidario de 6º: última parada antes da excursión

O pasado día 15, tamén celebramos o tradicional mercadillo solidario a beneficio da excursión de 6º, unha actividade xa moi querida no cole e que este ano volveu encher o patio de vida, colaboración e moita ilusión.

Foi a última acción de recadación antes da súa viaxe. As familias e o alumnado de sexto agradecen a toda a comunidade educativo o apoio recibido.

Aquí tedes unha pequena mostra do que foi ese día:

🌿 O que aínda queda por diante

Entramos na recta final do curso, pero aínda temos por diante varios momentos importantes:

  • Mostras de peche das actividades extraescolares. Publicaremos as datas proximamente.
  • Información Actividades Extraescolares e Asemblea Ordinaria da ANPA. Publicaremos a data proximamente.
  • Festa de Fin de Curso: venres día 19 de xuño (reservade a data)

Seguiremos informando de cada un destes eventos para que toda a comunidade poida participar e desfrutar.

Maio aínda non remateou, pero deixanos decisións importantes, premios, aprendizaxes valiosas e moita vida escolar.

💪 Imos encarar o final de curso coa mesma enerxía coa que chegamos ata aquí: xuntas e xuntos, facendo comunidade.