O curso comezou e Ábaco é a canle de comunicación coa ANPA 

23.09.2026

Prezadas familias:

👏 Agardamos que tivesedes un bo comezo de curso, cheo de boas experiencias e novas ilusións. Dende a ANPA RASA damos unha benvida especial ás familias que este ano vos incorporades ao colexio e comezades unha nova andaina nesta comunidade educativa

🥰 A ANPA está formada por familias que colaboramos para acompañar o día a día das nosas crianzas e para fortalecer a vida escolar do centro. A participación das familias socias fai posible o noso labor, que está ao servizo de toda a comunidade educativa.

🫂 Traballamos en estreita colaboración co claustro e co equipo directivo, contribuíndo a enriquecer os proxectos que se desenvolven ao longo do curso, segundo a liña pedagóxica do centro. Desde esta relación de confianza e apoio mutuo, impulsamos iniciativas que favorecen a convivencia, a conciliación e a participación, e mantemos proxectos que fortalecen a comunidade educativa, tamén no ámbito das actividades complementarias e de conciliación.

Ábaco:  a nosa canle principal de comunicación

📢 Queremos lembrarvos que desde este curso o modo de contacto preferente da ANPA con todas as familias será a plataforma Ábaco. A través desta app recibiredes avisos, comunicacións e novidades de maneira directa e áxil, facilitando que toda a comunidade estea informada e conectada.

Ábaco permite tamén simplificar xestións importantes para a vida da ANPA, como asociarse de forma dixital ou inscribirse no servizo Agarda con Nós, ademais de acceder ao carné de familia socia, reservar os libros de texto do banco de préstamo, recibir as vosas mensaxes e suxestións e participar nas actividades que se vaian organizando ao longo do curso.

📲 Se aínda non o fixestes, podedes descargala na tenda de apps do voso dispositivo móbil (Android e iOS) ou en https://abacoapp.es/apps

ℹ️ As instrucións para rexistrar a vosa familia e comezar a usar esta ferramenta están en https://www.apa-rasa-ramondelasagra.es/l/nova-app-abaco/


📢 Aproveitamos para lembrarvos que tamén tedes abertas as canles de comunicación seguintes:

  • 📞 615 512 306 (atención telefónica e vía WhatsApp)
  • 📧 anparamondelasagra@gmail.com
  • 🌐 www.apa-rasa-ramondelasagra.es
  • 👤 Atención presencial: con cita previa

Alta/renovación de familias socias:

Para asociarvos ou renovar a condición de familia socia para o curso 2026-27 tedes que empregar a nova APP Ábaco, que podedes descargar en: https://abacoapp.es/apps A condición de familia socia da ANPA renóvase de forma anual mediante o abono da cota de 25€ por familia. Toda a información na ligazón:


Recibide un cordial saúdo.