Comedor e Madrugadores (antigo)

Os servizos de comedor e madrugadores están xestionados pola ANPA. A empresa encargada do servizo é ARUME, con servizo no comedor do centro e tamén coa opción Take Away.

Madrugadores

Este servizo acolle aos nenos e nenas antes do comezo das clases, entre as 7:30 e as 8:30 h.

Comedor

O servizo de comedor no centro funciona de 13:30 a 15:30 h. O servizo está dividido en turnos.

APP ColeChef

ColeChef é unha nova App que constitúe un novo xeito de comunicación co servizo de comedor de cara o novo curso. Con esta App, o servizo será máis personalizado e a comunicación máis sinxela. Ademais, o servizo de cobro pasará dunha mensualidade plana, como ata o de agora, a calcularse polos días de uso do servizo, xerando diferentes recibos de cobro en función do mes e da época do ano.


As normas establecidas polo Consello Escolar para estos servizos son de obrigado cumprimento, así como as normas específicas de uso do comedor que se poden consultar no díptico da seguinte ligazón:

Inscrición curso 2020-2021

A inscrición no servizo de comedor e madrugadores pode facerse enviando por mail a ARUME o formulario cuberto que podedes descargar na seguinte ligazón:

Normas derivadas da situación COVID-19

Para este curso 2020-2021, tal e como se publicou nunha nova do 8 de setembro, deberanse cumplir as normas específicas ao respecto de entradas en madrugadores e recollidas no comedor:

As entradas a madrugadores faranse pola porta pequena de entrada, co acompañamento dun só proxenitor ata a porta do comedor.

En canto ás saídas de comedor, por motivos de adaptación á situación COVID-19, vémonos na obriga de organizalo do seguinte xeito:

  • infantil sairá ás 15:00 pola porta pequena de entrada.
  • primaria ás 15.30 polo portalón.

En calquera destes dous casos, será sen acceso dos pais ou nais ao recinto do centro.

Autorización saídas

Para poder recoller aos vosos fillos e fillas, tedes que cubrir o impreso de autorización de saída do comedor e entregalo no propio comedor ou no buzón da ANPA. Podedes descargalo na seguinte ligazón:

Consulta o menú de comedor do mes actual