Información relativa ao novo curso 2021-2022

08.09.2021

Benqueridas familias:

esperamos que teñades pasado un bo verán e veñades coas pilas cargadas! Dende a ANPA RASA queremos darvos a benvida a un novo curso escolar, que esperamos sexa máis fácil que o anterior.

Con esta nova queremos informarvos dos seguintes temas:

MADRUGADORES E COMEDOR

Coma noutros anos, este servizo estará xestionado por ARUME, polo que as altas nestes servizos faranse directamente con eles. A inscrición no servizo de comedor e madrugadores debe facerse a través da APP ColeChef.

O servizo de comedor no centro funciona de 13:30 a 16:00 h. O servizo está dividido en quendas. A saída será de 15:45 a 16:00 h. Ademais, en caso de necesidade (avisando previamente a ARUME), poderá sairse ás 15:15 h.

Madrugadores está pensado para aqueles que precisen deixar os alumn@s no centro antes do comezo das clases, concretamente de 7:30-8:30 h.

CONCILIACIÓN COMEDOR

O servizo de conciliación de Arume (é alternativo ao da ANPA: Agarda con nós), está pensado para aquelas familias que precisan unha extensión de tempo á hora de recoller aos seus fillos e fillas despois do comedor e que non teñen intención de quedarse a actividades extraescolares en horario de tarde. Os nenos e nenas poden permanecer no centro en horario de 16 a 16:30 h.

AGARDA CON NÓS

É o servizo de Conciliación que pon en marcha a ANPA, para aqueles nen@s cuxos pais/nais non poden recollelos as 14:00 e non queren usar o servizo de comedor. Este servizo funciona de 14:00-15:00, durante ese tempo os usuarios estarán ao coidado dun monitor, ata que sexan recollidos. Haberá dous horarios de recollida as 14:30 h e as 15:00 h. Os usuarios que queiran facer uso deste servizo deberán mandar un mail á ANPA indicando: nome do alumno, curso, días que precisa e hora de recollida.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Igual que en anos anteriores teremos actividades extraescolares, das cales informarase os próximos días. No enlace podedes ver o cadro que se ofertará, pero que finalmente saian ou non dependerá da demanda que teña cada unha.