Novas

Xa estamos na recta final para acadar o noso patio, pero precisamos que estes 6 días academos máis votos, xa que temos que ser a proposta máis votada do distrito 7.

Temos moi claro que con esta comunidade educativa, acadalo é posible. Dende o primeiro minuto no se que abriu o prazo de votacións da fase final dos Orzamentos Participativos, puxéstesvos man á obra para lograr o maior número de votos para o noso proxecto de patio.

Dende hoxe e ata o 30 de novembro temos unha oportunidade histórica para o presente e o futuro do noso cole. O reto que temos por diante é acadar o número máximo de votos para o proxecto do noso patio, na votación final dos Orzamentos Participativos. Só podemos logralo coa máxima implicación de todas as familias e...

Esta nova pretende poñer en valor a vosa figura, a das familias socias. A ANPA constrúese día a día, coa vosa participación, coa vosa implicación, coas vosas ideas e aportacións, coa vosa colaboración. Unha ANPA implicada empeza no apoio da maioría das familias ao proxecto común de poñer no centro aos nenos e nenas.

neste mesmo intre, as nosas fillas e fillos están escoitando unha importante mensaxe de Lupita, unha fada amiga de Cascarilla. Namorada das obras e gustosa de transformar os espazos.

Unha vez máis, podemos vivir a vosa extraordinaria participación e implicación co cole das nosas fillas e fillos. Conseguimos, entre toda a comunidade educativa, que o noso Proxecto de Patio fose a proposta máis votada do noso distrito e unha das primeiras a nivel de cidade na fase inicial dos Orzamentos Participativos do Concello. Isto só acaba de...

Este luns 3 de outubro empezan as actividades extraescolares. Dende a ANPA, coñecedores da vosa participación e implicación, sabemos que ides a formar parte das mesmas, dun xeito activo e responsable. Así, entre todos e todas, axudaremos a que as nenas e nenos poidan desfrutar do programa de actividades extraescolares.

dende a Federación de ANPAs e Sonicreques xa están confirmando ás persoas inscritas as actividades que se iniciarán o luns 3 de outubro. O cadro definitivo das actividades coas que se forman os grupos é o seguinte:

Queremos lembrarvos que debedes realizar a inscrición nas actividades extraescolares antes do 18 de setembro. A preinscrición previa, onde nos achegastes as vosas preferencias e novas propostas, non serve para inscribirse na actividade. O único enlace válido para isto é o do Portal de Inscricións da Federación de ANPAs:

Tal e como vos adiantamos, este martes 13 de setembro de 16:30 a 18:00 horas terá lugar na biblioteca do centro unha xuntanza aberta a todas as familias para explicar o proxecto deseñado en torno ás actividades extraescolares para este curso.

Agardamos que disfrutarades do verán e das vacacións. Parecía que non ía chegar, pero hoxe xa acompañamos ás nosas nenas e nenos a un novo curso escolar.

Queredes saber onde comen os vosos fillos e fillas? Como son las instalacións? Queredes coñecer o funcionamento das quendas de comida? Queredes ver onde pasan ese tempo antes e despois das comidas? Que persoas os atenden? Onde os deixades no servizo de madrugadores?

Xa estamos cada día máis preto do inicio deste novo curso escolar. Dende todo o equipo da ANPA queremos compartir a nosa ilusión e enerxía con todas as familias. Seguro que entre todas e todos poderemos xerar espazos e actividades encamiñadas a fortalecer a nosa comunicade educativa e, polo tanto, enriquecer a aprendizaxe e experiencia das...

O periodo de alta ou renovación dos servizos de comedor e madrugadores está aberto. Esta xestión debe facerse directamente con Arume, a través da aplicación Colechef.

A poucos días de que remate o curso, queremos pedirvos a vosa opinión sobre un dos servizos xestionados dende a ANPA: comedor e madrugadores.

Como xa saberedes, durante esta semana implementáronse cambios no protocolo de comedor, encamiñados a acadar un maior benestar dos nosos nenos e nenas.

É tempo de recibir o verán e, como cada ano, é tempo das excursións de final de curso. En moitas desas excusións, o alumnado non está de volta ata pola tarde, polo que teñen que levar a comida para xantar.

O noso colexio ven de acadar un novo fito no proxecto Mestra de Obra, de humanización e adaptación do patio. A maqueta, na que as familias e mestras levabamos semanas traballando, ponse de longo por todo o alto o xoves 26 de maio ás 19:00 horas na igrexa do Barrio das Flores (Rúa das Petunias, 8) para a presentación do ...

No día de onte publicouse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto (para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria), das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria) para o curso escolar...

Estamos a traballar na confección dun catálogo de actividades extraescolares para o vindeiro curso que vos resulte interesante e atractivo.

Como sabedes, na asamblea ordinaria do pasado 29 de abril, fíxose a renovación da Xunta Directiva da ANPA do noso centro, quedando constituida do seguinte xeito: