Aviso actividades extraesolares
Queremos informarvos que, debido á pouca demanda, só sairán as actividades de infantil de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00 h.
Queremos informarvos que, debido á pouca demanda, só sairán as actividades de infantil de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:00 h.
O día 22 de setembro mantivemos unha reunión co Conselleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, e dous dos seus membros de equipo, para trasladarlle diversas peticións do colexio e d@s nos@s soci@s.
Para aquelas familias que o desexen, exténdese o plazo de inscrición nas actividades extraescolares ata o 27 de setembro.
Para todas aquelas familias usuarias do servizo de madrugadores, queremos lembrar que soamente poderá entrar un adulto por cada neno ou nena acompañandoo ata a porta do comedor.
Trala reunión mantida o 22/8/2020 co Concelleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, comunicóusevos que no caso de inscribirse nas actividades da CONFAPA, non firmarades a clausula COVID-19, por non axustarse a dereito.
Dende a ANPA queremos suscribir a mensaxe de tranquilidade emitida dende o centro.
A ANPA ven traballando conxuntamente coa dirección do centro, no referente a posibles contaxios e contaxios confirmados, priorizando, como non podía ser doutro xeito, a información e pasos a seguir primeiro ás familias afectadas. Existindo, por tanto, moi boa...
Comprácenos comunicarvos que, por fin, xa temos dispoñible no noso centro o servizo Take Away. O devandito servizo ofrece a posibilidade de levar para xantar na casa o menú completo (2 platos, auga, peza de froita e pan).
Na seguinte ligazón podedes consultar o protocolo de actuación fronte á COVID-19 da ANPA RASA para o curso 2020-2021:
A actividade si volverá a ofertarse no mes de xuño.
O colexio ven de publicar na súa páxina web o plan de adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2020-2021, segundo as instruccións das Consellerías de Sanidade e Educación, así como tamén o plan de continxencia de aplicación no caso dun posible gromo.
A continuación vos indicamos como se realizará a entrada en madrugadores e a recollida de comedor.
Na web do centro indícanse as datas do inicio escalonado das clases, así como tamén como deberán facerse as entradas e saidas do colexio.
Con data de comezo 1 de outubro de 2020 ofertarase, tamén como en anos anteriores, o espazo de conciliación de 14:00 a 15:00 h. O prezo está por decidir, xa que se verá afectado en función do número de nenos apuntados, e do cumprimento do protocolo COVID-19, polo que é posible que sexa necesario contratar outro monitor co fin...
Todos os membros da directiva da ANPA RASA esperamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde, e que dentro desta "nova normalidade", pasásedes unhas boas vacacions. Xa estamos en setembro, e despois deste verán atípico e complicado, sabemos que a incerteza é grande para tódalas familias nesta estraña volta ao cole.
Queremos compartir con vos a opinión da Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos con respecto á publicación do borrador do protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021.
Na seguinte ligazón publicamos o borrador do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021:
Con este artigo queremos tratar diferentes temas importante de cara ao próximo curso:
A diferenza dos anos anteriores, para o curso 2020-2021, o banco solidario de libros de texto faino íntegramente o centro, non a ANPA, xa que hai dous cursos ( 3º e 5º de EP) que renovan totalmente os libros de texto.
A Xunta xa ingresou na conta da ANPA o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.
Achegamos a carta informativa da empresa encargada do servizo de madrugadores e comedor por mor da suspensión da actividade lectiva por parte da Xunta de Galicia como medida preventiva ante a propagación do coronavirus.